venres, 21 de marzo de 2014

RADIO ESCOLAR


Esta escolma de programas recolle momentos inesquecibles nos que a radio é a canle interactiva de múltiples sensacións e aprendizaxes. Están gravados entre os cursos escolares 1993 e 2002.




  • A Nosa Fala (1.994) foi o noso primeiro programa gravado nunha emisora comercial (SER) na aula gustábame gravar a lectura en voz alta dos alumnos coa finalidade de que se escoitasen e poder apreciar a súa mellora. Podería decir que nun principio algúns rapaces tapaban a cara, rían, agochábanse... pouco a pouco fóronse convertendo en verdadeiros locutores. Neste primeiro programa os alumnos aprenderon a historia do centro onde estudan e tamén descubriron a importacia de ter e falar unha lingua propia, O GALEGO.  Na segunda parte que se corresponde co audio A nosa Fala II (1.995) vemos a evolución da nosa lingua ao longo dos séculos ata chegar ao Estatuto de Autonomía, neste ano 1995 a Universidade de Santiago celebra o V centenario da súa fundación, visitamos Fonseca e a súa exposición.
A radio aportou aos alumnos o traballo en equipo, unha boa entoación,  mellorar o estado de ánimo e poder coñecer distintas músicas. A calidade técnica do programa é importante pero sen esquencer a potencialidade da mensaxe que se quere transmitir.


    

                                






  • Cóntame un conto de auga (1996) foi deseñado para que os nen@s coñezan e lean as obras dos autores Galegos. Está baseada nun conto de Xabier Docampo titulado "A nena de auga e o principe de lume". Entenderon que as historias cobran vida levándoas á radio, ao cine, ao teatro....
   
  • A fábrica dos soños (09/06/1996) Neste programa quixen que o alumnado soubese que 100 anos antes os irmáns Lumiere foron os creadores da primeira proxección cinematográfica. O centro de interese deste programa é a película do Rey León tocando temas transversais como o estudo do continente Africano, os animais e as plantas da sabana e disfrutar do delicado equilibrio entre todos.


  •  A Nai Terra curso 1996/1997. Sintetízase no amor á natureza e o coidado de todo o que nos rodea. Este programa xorde como a solución a un problema na aula, algúns nenos andaban a estragar os niños dos paxaros, rompían plantas e plantaban pequenos lume nos arredores. Ao final conseguíuse concienciar aos rapaces máis trastes que foron nomeados coidadores do  seu contorno.




  • O noso equipo (30/06/1996) O fútbol naquel ano era para os rapaces vital, xa que o Compostela estaba en primeira división e as rapazas quixeron pola súa conta facer un programa de radio. Estudamos a forma de levalo a cabo e xorde a idea de entrevistar a Fernando Vázquez, adestrador do Compos. Escoitade o seu programa, estaban moi motivadas e orgullosas do seu equipo.


  • Eu vin chorar un carballo (xaneiro de 1997) Este programa ten dúas partes, a primeira é a historia da Alameda de Santiago de Compostela , a segunda parte é o estudo e recoñecemento das árbores que a conforman rematando cunha Oda ao carballo.
  •  Xuizo a Anxel Fole (abril de 1997) Neste ano o escritor homenaxeado nas Nosas Letras fora Anxel Fole. O programa basease nunha pequena obra de teatro escrita por Clara Liz Losada e Emilio Liz Rodríguez.


  • ALIMENTOS PARA TOD@S!!! Día mundial de la alimentacion 1.995 (ver enlace)


Ningún comentario:

Publicar un comentario